Mellora da propagación electromagnética mediante o emprego conxunto de formas de onda precursores e materiais de transmisión extraordinaria para a súa aplicación en sistemas avanzados en banda de microondas e THz
|
The project "Improvement of electromagnetic propagation using Briullin precursor waveforms for its application to advanced systems at microwave and THz frequencies"(Ref. EM2012/138) is funded by Xunta de Galicia under the emerging researchers call.
|
A propagación dun pulso a través dun medio dieléctrico lineal causal dispersivo constitúe un problema clásico en teoría de propagación electromagnética que aínda mantén un considerable interese e importancia debido ás moitas cuestiones teóricas prantexadas que aínda permanecen abertas dende a súa pronta análise arredor de 1914. Entre estas cuestións a principal, dende o noso punto de vista, é a de avaliar a aplicabilidade deste fenómeno electromagnético ligado a medios de propagación de características dieléctricas dispersivas en frecuencia amplamente presentes na natureza e no entorno habitual de sistemas de radiocomunicación, e noutros que van de radar a diagnóstico médico. |
 |

|
O campo de estudio proporcionado polo fenómeno físico das ondas precursoras resulta moi amplo e practicamente irresoluto. O proxecto aquí exposto pretende por un lado explorar tanto a parte de formulación e simulación teórica como a de corroboración experimental, analizando a forma de empregar os beneficios proporcionados por estas ondas grazas a interacción con estruturas metamateriais que corrixan, revertan ou reforcen a presenza deste campo electromagnético dotado de grande porción de enerxía asociada. |
Neste proxecto, buscamos desenrolar unha nova forma de afrontar a análise dos precursores para lograr a demostración empírica destas ondas e as súas propiedades no campo dos metamateriais e materiais artificiais, así como demostrar a aplicabilidade do conxunto en diferentes bandas de frecuencia. A finalidade última é explorar moitas das preguntas abertas que plantexa este tema ofrecendo respostas de elevado interese para a comunidade científica.
Entre as saídas deste proxecto tamén podemos incluír a demostración da aplicabilidade das estructuras metamateriais. O traballo de investigación ten como obxectivo acadar o deseño así como a fabricación de materiais artificiais e metamateriais económicos e válidos nunha ampla variedade de aplicacións.
|
 |
Detailed information about the project can be found contacting your local partner: Universidade de Vigo, Radio Systems Group.
projects
|
Last Updated on Monday, 29 October 2012 10:51 |